jueves, 8 de abril de 2010

OS MUROS DO MUNDO


OS MUROS DO SÉCULO XXI:

Hai dúas décadas da caída do muro de Berlín por cuestións de humanización e aínda así o mundo segue pragado de barreiras que dividen países, pobos e familias de Brasil a Uzbekistán, de Cisjordania a México.

As razóns destas barreiras son varias: combater a violencia, a inmigración ilegal ou incluso a aftosa, pero o que resulta disto é a separación e o medo.

O MURO DE ESPAÑA:

En España creouse un muro situado en Ceuta e Melilla a finais do século XX para evitar a entrada masiva de inmigrantes africanos sen permiso de residencia.

Estas cidades son a entrada máis directa a Europa dende África.

Hai 8,2 quilometros de aramiada en Ceuta e 12 quilómetros en Melilla que se modernizaron dende que se construíu nos anos 90.

No ano 2000 houbo unhas avalanchas de inmmigración que obrigaron as autoridades españolas e europeas a reforzar a seguridade deste sistema de tres vallas paralelas en cada cidade.



Visualizar o mapa ampliado

No hay comentarios:

Publicar un comentario