viernes, 27 de noviembre de 2009

redes e redes

As redes sociais son espazos na web para o intercambio e a creación de comunidades de todo tipo. É o caso das creadas en plataformas como Facebook , Tuenti, Ning, etc. Mais cada unha delas ten as súas particularidades: así, Facebook é xeneralista, Tuenti é local e está dirixida á xente nova, Ning permite crear redes propias e hai outras verticais especializadas en distintos ámbitos sociais (deportes, negocios, etc.) e profesionais (como Xing).
O caso é que están a ter un éxito indiscutíbel e os usos que facemos nelas non sempre son os adecuados porque podemos descoñecer as regras de xogo e os seus perigos (como proporcionar datos persoais comprometedores) e, sobre todo, empregalas con fins exhibicionistas cando hai moitas outras posibilidades. Pero, cun uso axeitado, poden ser ferramentas útiles, tamén no ensino.
Para exemplificar eses distintos usos, imos comparar a rede do noso instituto, Enredeiras, e mais Tuenti.

  • En ning pídenche datos nos que eles podan saber si son certos e no tuenti podes dar datos falsos porque nadie os comproba.
  • No tuenti máis que nada vense fotos e déixanse comentarios sobre esas fotos e en ning déixanse distinta clase de comentarios.
  • Tuenti ten máis graduado o nivel de privacidade e en ning o administrador pódeche cambiar a privacidade escollida.
  • No Tuenti podes subir calquera imaxe ou vídeo que ninguén che di nada, pero en ning para subir unha imaxe ou vídeo tes que esperar a que o administrador cho acepte


viernes, 30 de octubre de 2009

Noite de voraces sombras



Noite de voraces sombras escribiuno Agustín Fernandez Paz.


Ediciones sm, é a editoral coa que se editou no 2002.


Escollo este libro porque mo recomendaron e paréceme moi interesante.


Na seguinte páxina aparecen cousas interesantes sobre o autor.


viernes, 9 de octubre de 2009

ola peopleeeeeeeeeeeeeeee!!


Soy Patricia y hago este blog para mejorar las destrezas de àmbito sociolingüístico en el IES DE POBRA DO CARAMIÑAL.
Voy a hablar de música:de regaeton y rap.